Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo
  • ORDENANZAS E REGULAMENTOS - Mercado de abastos

    30/11/2004

    Ordenanza do Mercado de Abastos do Concello de Tui  publicada no BOP Nº 231 do 30 Novembro 2004

  • Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado (Zona Azul)

    10/05/2008

    O Pleno da Corporación Municipal, con data 29 de novembro de 2007 aprobou inicialmente a “Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado (Zona Azul)”, publicada no Boletín Oficial da provincia número 3, de data 4 de xaneiro de 2008, para súa exposición pública, polo prazo de trinta dias. O Terse presentado alegacións o texto, as cales foron resoltas no Pleno de data 27 de marzo de 2008, e de conformidade co disposto no arto 70.2 da lei de Bases de Réxime local, procedese publicación definitiva do texto íntegro no BOP Nº 92  do 14 de maio de 2008 Nº 92.

    O pleno da Corporación Municipal, con data 26 de Febreiro de 2009, aprobou incicialmente a modificación da Ordenanza Reguladora de Estacionamento Limitado (Zona Azul), publicada no Boletín Oficial da provincia número 66 de data 7 de abril de 2009, para súa exposición pública, polo prazo de trinta días, ó non terse presentado ningunha reclamación a mesma, procédese á publicación definitiva da modificación da actual Ordenanza Reguladora de Estacionamento limitado (zona azul) , dacordo co disposto no artigo 70 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, no que se modifican os artigos 4 e 5 referidos ás infraccións e sancións recollidas.

  • Regulamento municipal de venda ambulante

    1/07/2013

    Regulamento municipal de venda ambulante

    Publicado no BOP Nº 124 do 1 Xullo 2013

  • Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE

    11/11/2014

    Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas, IAE

    Publicada na páxona 13 do BOP do 19 de xaneiro de 2007

    ARTIGO 1º De acordo co establecido nos artigos 59.b do RDL 02/2004 do 05.03 (T.R.L.R.F.L.) texto refundido lei reguladora de facendas locais e disposicións regulamentarias que as desenvolven, este imposto será de esixencia obrigatoria neste municipio, sendo as cotas mínimas as establecidas pola Lei 22/1993, do 20.12, de medidas fiscais…, e as sucesivas leis do orzamento xeral do estado.

    ARTIGO 2º En aplicación do artigo 87 do RDL 2/2004 (T.R.L.R.F.L.) da Lei 39/88, as cotas ás que se refire o devandito artigo serán determinadas mediante aplicación sobre as mesmas dun coeficiente único do 0,8.

    ARTIGO 3º.—EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Bonificación do 40% durante os 5 primeiros anos, da cota tributaria integrada pola cota de tarifa modificada, no seu caso, pola aplicación do coeficiente e do índice de situación, para aqueles que inicien calquera actividade empresarial e tributen por cota mínima municipal, e sempre que a actividade económica non se exercera anteriormente baixo outra titularidade. Ídem. anterior, e que obtiveran a cualificación de ILE expedida pola Xunta de Galicia, a bonificación da cota tributaria será do 50%. Carácter rogado da bonificación, que se tramitará a petición de parte interesada ante este concello e cun prazo mínimo de 15 días antes do inicio da actividade. DISPOSICIÓN FINAL A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo que sinala o artigo 17 do RDL 2/2004 TRLRFL, dende o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

  • Ordenanza fiscal taxa por instalación de quioscos na vía pública

    11/11/2014

    Taxa por instalación de quioscos na vía pública publicada no BOP o 28 de febreiro de 2008

  • Ordenanza fiscal - Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

    11/11/2014

    Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

  • Ordenanza fiscal - Taxa por servizos de matadoiros, lonxas e mercados

    11/11/2014

    Taxa por servizos de matadoiros, lonxas e mercados

  • Ordenanza fiscal - Taxa por aproveitamento especial de instalacións municipais para exhibir propaganda en letreiros, carteleiras e similiares

    11/11/2014

    Taxa por aproveitamento especial de instalacions municipais para exhibir propaganda en letreiros, carteleiras e similiares

  • Ordenanza fiscal reguladora do prezo publico pola utilización da emisora municipal de radio para emisión de "spots" publicitarios

    11/11/2014

    Reguladora do prezo publico pola utilización da emisora municipal de radio para emisión de "spots" publicitarios

  • Ordenanza fiscal - Taxa por licencias de autotaxis e demais vehículos de alugueiro

    11/11/2014

    Taxa por licencias de autotaxis e demais vehiculos de aquiler. Publicada no BOP o 28 de febreiro de 2008. 

  • LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

    22/06/2017

    ANUNCIO

    Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

    1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

    2.- Obxecto do contrato: 
    Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

    3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
    a) Tramitación: Urxente.
    b) Procedemento: Aberto. 
    c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.

    4.- Cánon de explotación:
    4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza). 

    5.- Duración do contrato: 
    2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban). 

    6.-Garantías : Definitiva: 
    5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 

    7.- Obtención de documentación e información: 
    Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org). 

    8.- Solvencia económica e financeira:
    Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.

    9.- Solvencia técnica e profesional:
    Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.

    10.- Presentación de ofertas:

    a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.

    b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.

    c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC. 

    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

    Documento asinado dixitalmente.

  • Concesion posto de cafetería en Mercado de Abastos

    20/04/2017

    Ós efectos de proceder á licitación para a adxudicación da concesión demanial para explotación do posto de cafetería no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui, exponse simultaneamente ó público o anuncio para a presentación de proposicións e as bases de licitación aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 20/04/2017, por un prazo de 30 días hábiles, ós efectos de presentación de proposicións e de reclamacións respectivamente, a contar dende a última publicación deste anuncio no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org).
    1.—ENTIDADE ADXUDICATARIA:Concello de Tui.
    2.—OBXECTO DO CONTRATO: “Concesión de posto de Cafetería no Mercado de Abastos do Concello de Tui”.
    3.—TRAMITACION , PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACION:
    a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: Único criterio adxudicación prezo á alza do canon anual.
    4.—CÁNON E DURACIÓN DA CONCESIÓN:
    Canon anual mínimo de concesión: 1.763,16 €, IVE incluído. Así mesmo, o adxudicatario da licitación deberá abonar mensualmente a taxa por ocupación establecido na Ordenanza Fiscal da Taxa por Servizo de Lonxas e Mercados do Concello de Tui.
    Duración: 10 anos (prorrogable por un máximo de 2 anos mais).
    5.—GARANTIAS:
    —Definitiva : equivalente ó 5% do importe da adxudicación.
    6.—OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION:
    Secretaría do Concello de Tui. Tfno.: 986.60.36.25. fax: 986.60.41.48.
    Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ó do remate de presentación de propostas.
    7.—CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN
    -Mellor prezo que se ofreza, que en ningún caso será inferior ao canon mínimo establecido.
    8.—PRESENTACION DAS OFERTAS:
    a.—Data límite: 30 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do edicto no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org)
    b.—Documentación a presentar: a que figura no prego de condicións.
    c.—Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Tui, de 9 a 14 horas.
    9.—APERTURA DE PROPOSICIONS: Terá lugar en acto público, e deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado dende a data de finalización do prazo para presentar as ofertas.
    10.—GASTOS: Serán de conta do adxudicatario: Os que se fan constar na cláusula 23 do prego de condicións.
    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
    Documento asinado dixitalmente

     

    Data de fin de prazo: 03-07-2017
    Licitacion desierta

    Expediente: 335/2017

  • Bases de participación e solicitude XXII Feira de Artesanía de Tui

    4/04/2018

    Bases de participación e modelo de solicitude da  XXII Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar en Tui o 5 e 6 de maio.

  • Resumo boletíns oficiais do 26 de marzo ao 1 de abril de 2018

    2/04/2018

    Resumo boletíns oficiais do 26 de marzo ao 1 de abril de 2018