Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo
  • Concurso de pintura mural 2016

    1/09/2016

    As concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui convocan o presente Concurso de Pintura Mural 2016 coa finalidade de prestixiar e difundir a obra de artistas creadores de pintura mural, ademais de promover a súa creatividade.

  • Folleto A Historia en Pedra

    22/03/2017

    O folleto turístico A Historia en Pedra recolle os principais atractivos turísticos do municipio de Tui.

  • Folleto Ruta Xudía Tui

    22/03/2017

    Tui conta cun importante patrimonio vinculado á presenza na cidade de xudíos e conversos. A sinagoga, a casa de Salomón, a menorá na Catedral, ou os Sambenitos que se conservan no Museo Diocesano son parte da pegada deixada na cidade pola comunidade xudía. Unha ruta percorre parte deste patrimonio. 

  • Cartel Visita Guiadas 2016

    30/06/2016

    A concellería de Turismo do Concello de Tui organiza no verán de 2016 visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Teñen lugar de martes a venres  ás 20h ao conxunto histórico, de martes a domingo ás 13h ao barrio xudío, e os sábados e domingos ás 20h á igrexa de San Domingos. O punto de encontro é a Praza do Concello.

     

  • Folleto Turístico 2017

    30/03/2017

    O Concello de Tui editou en marzo de 2017 un novo folleto turístico que recolle a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio.  Realízase unha tirada de 20 mil exemplares editados en tres idiomas:castelán, inglés e portugués. Está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo e nos establecementos hostaleiros tudenses.

     

  • II Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui 2017

    21/09/2017

    O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura “Pinta Tui” que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar  a dinamización da oferta turística e as actividades no concello.

    A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.

  • Folleto Criptoxudaísmo e Inquisición en Tui

    5/10/2017

    Folleto turístico sobre o criptoxudaísmo e a Inquisición en Tui