A camelia protagonista da fin de semana en Tui
A camelia será protagonista da fin de semana en Tui coa celebración da IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral. O Concello de Tui colabora un ano máis neste evento organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia.
Mañá sábado, ás 12.30 h, terá lugar a inauguración que contará coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Tui, do Cabido da Catedral, da Sociedad Española de la Camelia e da International Camellia Society, e de ATUCA.