Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festa do Meixón 2018

A gastronomía estará moi presente nas festas de San Telmo 2018 cun dos produtos estrelas típicos de Tui, o meixón, que durante anos caracterizaron un dos eventos destacados das festas patronais da cidade. Neste 2018 celebrarase a Festa do Meixón ao longo de 17 días - do sábado 24 de marzo ao luns 9 de abril -  en cinco restaurantes da cidade: Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino e La de Manu.  Ao prezo de 55€ poderase degustar unha cazola de meixón con pan e unha copa de viño Remesal.  É preciso reserva previa nos restaurantes. 

Festa do Meixón 2018

  • Datas: do sábado 24 de marzo ao luns 9 de abril
  • Establecementos:
  • Prezo: 55€ a ración formada por unha cazola de meixón, pan e unha copa de viño Remesal