Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O IKFEM, a Noite Internacional do Miño, Sons na rúa e cinema ao aire libre propostas para este mes de xullo en Tui

Undefined

O festival IKFEM, a Noite Internacional do Miño, os primeiros concertos de Sons na rúa e cinema ao aire libre centran a programación de “Tui, Verán na rúa” nos próximos dez días en Tui. 

Mañá xoves comeza a décimo primeira edición do festival IKFEM que se vai celebrar até o próximo martes, 25 de xullo, na Eurocidade Tui-Valença. 

Faleceu o ilustrador tudense Martin Rodriguez,Mención Honorífica Especial do Concello de Tui

Undefined

Dende o Concello de Tui lamentamos o pasamento de Martín Rodríguez Álvarez, ilustrador tudense que o ano pasado recibía a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente.  

Aínda que residía en Santa Cruz de Tenerife mantiña unha constante relación con Tui. A derradeira visita que realizou a cidade foi en xuño do ano pasado, cando se lle fixo entrega da Mencion Honorifica Especial.

Aprazados os concertos desta fin de semana en Tui de ‘Sons na rúa’

Undefined

Os concertos previstos para mañá venres e o sábado á tardiña na Corredoira e na praza do Concello dentro de ‘Sons da rúa’ veñen de ser aprazados debido á previsión de choiva.

As novas datas serán o venres, 28 de xullo, e o venres 11 de agosto.

Así o venres 28 ás 21 h no Paseo da Corredoira actuará Acevedos Delgados e ás 22 h na praza do Concello Pacheco Bros.

Chuny Vázquez presenta unha retrospectiva da súa obra pictórica en Tui

Undefined

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o venres 28 deste mes a exposición “Un canto á cor e á vida” da guardesa Chuny Vázquez.

A mostra está conformada por 73 cadros de distintas etapas pictóricas da artista e agrupados por temática: personaxes, barcos, flores… A colección que presenta está dominada pola cor, pero tamén recolle algunha das súas obras realizadas en rotulador negro.

Festa do Miño

A programación do verán pécharase o sábado 19 coa celebración da XI Festa do Miño.  Comezará ao mediodía na ribeira de Caldelas coa Romaría Popular. Ás 16.30 h sairá o Descenso Popular dende a ribeira de Caldelas e ás 18.30 h dende Salvaterra de Miño do Descenso Internacional do Miño. A entrega de premios será ás 20 h na rúa Olímpicos Tudenses. 

IKFEM 2023

Do 20 ao 25 de xullo celébrase na Eurocidade Tui-Valença o IKFEM 2023.

O festival brindará 12 concertos de entrada libre nos que destaca o  de apertura cun piano flotante no río, ou a celebración  dos 70 anos de carreira de António Victorino d’ Almeida, haberá  unha estrea mundial e participarán artistas residentes da Fundación Alqvimia Musicae con música e videocreación. Amais volverá a celebrarse o Balcón do IKFEM e coma novidade o venres 21 na vella Ponte Internacional terá lugar o IKFEM Creativa.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura