Francisco Díaz Fierros falará sobre “Ciencia, técnica e cultura na obra de Frei Rosendo Salvado
Este xoves, 29 de febreiro, terá lugar a segunda actividade das “Xornadas Rosendo Salvado 2024” que organiza o Concello de Tui para conmemorar o aniversario do nacemento na nosa cidade do egrexio tudense Rosendo Salvado Rotea o 1 de marzo de 1814.
Neste día ocupará a palestra destas Xornadas Francisco Díaz-Fierros cunha conferencia titulada "Ciencia, técnica e cultura na obra de Frei Rosendo Salvado” que terá lugar na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez” a partir das 20,00 horas.