Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá terá lugar a presentación da IV Edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI 2023

Undefined

Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI. 

Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.

Alumnado da Escola Infantil Galiña Azul visitan esta semana a Biblioteca Municipal

Galego

Ao longo desta semana os nenos e nenas da Escola Infantil “A Galiña Azul” de Tui visitan a Biblioteca Municipal tudense para coñecer as súas instalacións e participar na lectura dun conto por parte do persoal da biblioteca.

Previamente foi realizado o carné da Biblioteca a todo o alumnado o que lle da acceso aos servizos bibliotecarios, especialmente ao préstamo domiciliario de libros. Deste xeito, todos os rapaces e as rapazas participantes nesta actividade levan unha obra, que eles mesmos escolleron, para a lectura no seu domicilio.

Este mércores preséntase o libro “Canto de Emigración” sobre o músico tudense Teódulo R. Paramos

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui acollerá este mércores, 10 de maio, ás 20 h, a presentación do libro “Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Paramos”. Esta actividade forma parte do programa “Tui en Letras” que promove a concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.

Andrea Zermeno e David Quinteiro amosan a súa obra na Sala Municipal na mostra de fotografía, pintura e debuxos “Donde Nunca TuiYo”

Undefined

Andrea Zermeno e David Quinteiro amosan, até o 1 de xuño, na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Donde nunca TuiYo”. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, acompañou esta tarde a Andrea Zermeno e David Quinteiro na apertura da mostra.

Exposición “Donde Nunca Tuiyo”

Do 4 de maio ao 1 de xuño pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Donde Nunca Tuiyo” de Andrea Zermeno e David Quinteiro. 

Estes dous novos artistas tudenses que ofrecen unha novidosa exposición que mestura fotografía, pintura e debuxos. “Donde nunca Tuiyo” é un proxecto de deformacións fotográficas.

A exposición abre en horario de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h e os sábados de 9 a 13 h.

 

Raquel Queizás presenta mañá mércores na Biblioteca Municipal o contacontos “O Eco das Pedras”

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá mércores, 3 de maio, ás 18 h unha actividade de contacontos a cargo de Raquel Queizás co seu espectáculo “O eco das pedras”. Esta actividade combina narración oral con manipulación de obxectos, monicreques e proxeccións. Está dirixida a público familiar e a nenas e nenos a partir de cinco anos.

Mañá ás 19.15 h asínase o acordo de doazón da biblioteca de cine de Daniel Domínguez ao concello de Tui

Undefined

Mañá xoves, 27 de abril, ás 19.15 h terá lugar na Biblioteca Municipal de Tui a sinatura do acordo de doazón da biblioteca de cine e doutras coleccións de Daniel Domínguez Pérez, o guionista tudense falecido no ano 2020, ao concello de Tui. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da viúva de Daniel Domínguez, María de los Ángeles García Domínguez.

Deste xeito a Biblioteca Municipal de Tui pasará a contar cunha sección especial integrada por preto de 2 mil obras especializadas en cine e con máis de 500 filmes en DVD.

Mañá preséntase en Tui o libro “Tierra de leyenda: el legado de Breogán” de Samuel Ferro

Galego

Mañá xoves, 27 de abril, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación do libro “Tierra de leyenda: el legado de Breogán” do escritor Samuel Ferro. Trátase dunha novela histórica cuxa trama esta centrada na nosa cidade e doutras localidades do Baixo Miño e sur da actual provincia de Pontevedra no ano 1351.

Play Doc 2023

Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, celebra do mércores 26 de abril, ao luns 1 de maio, a súa décimo novena edición baixo a organización da Asociación Cultural Enfoques. 

Seis días nos que Tui volverá a acoller o mellor do cinema documental tanto a nivel nacional e internacional coma galego. O Teatro Municipal (Sala 1) e o Seminario Menor (Sala 2) acollerán as proxeccións previstas nestas xornadas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura