Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O Teatro Municipal acolle mañá á proxección de “O Corno” de Jaione Camborda coincidindo co 8M

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, ás 21 h, a proxección de  “O Corno” de Jaione Camborda, coincidindo co 8M, Día Internacional da Muller.

O filme foi galardoado coa Concha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián.

Janet Novás, que vén de recibir o Premio Goya á mellor actriz revelación polo seu papel neste filme, encabeza o reparto formado por Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido.

Unha visita polos lugares da memoria de Rosendo Salvado pechan as xornadas con motivo do 2010 aniversario do seu nacemento

Undefined

Mañá venres, 1 de marzo, finalizan as Xornadas Rosendo Salvado que promove o Concello de Tui para a difusión da vida e traxectoria deste singular tudense. Coincidindo co CCX aniversario do seu nacemento na nosa cidade na tarde do venres desenvolvérase unha visita guiada a diversos lugares da cidade ligados á memoria do egrexio frade beneditino.

A Gramola Gominola repasa os seus éxitos este venres en Tui

Undefined

A música encherá este venres, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui con A Gramola Gominola interpretando os éxitos máis destacados da súa carreira en “As que máis molan da Gramola”.

A Gramola Gominola naceu en 2015. Está formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz. En 2018 recibiron o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.

Contan con tres libros-discos A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas.O rexurdir da luz (2019).

Francisco Díaz Fierros falará sobre “Ciencia, técnica e cultura na obra de Frei Rosendo Salvado

Undefined

Este xoves, 29 de febreiro, terá lugar a segunda actividade das “Xornadas Rosendo Salvado 2024” que organiza o Concello de Tui para conmemorar o aniversario do nacemento na nosa cidade do egrexio tudense Rosendo Salvado Rotea o 1 de marzo de 1814.

Neste día ocupará a palestra destas Xornadas Francisco Díaz-Fierros cunha conferencia titulada "Ciencia, técnica e cultura na obra de  Frei  Rosendo Salvado” que terá lugar na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez” a partir das 20,00 horas.

Unha mesa redonda con Albino Prada e Héctor Cajaraville abre as Xornadas Rosendo Salvado

Undefined

Este mércores, 28 de febreiro, ás 20.00 h na Sala Félix Rodríguez González (no Edificio “Francisco Sánchez” de Tui) comeza unha nova edición das Xornadas Rosendo Salvado que organiza o Concello de Tui en torno ao CCX aniversario da data de nacemento do beneditino tudense, o 1 de marzo de 1814.

O Teatro Municipal de Tui acolle funcións de teatro, cinema e monicreques para o alumnado

Undefined

Teatro clásico, cinema, e monicreques centran as actividades que estes días se desenvolven no Teatro Municipal no edificio Francisco Sánchez dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

O Concello de Tui, da man da Concellería de Ensino, Mocidade e Cultura ven de realizar diferentes actividades para os escolares dende este pasado martes día 20 até o próximo martes día 27.

O tudense Víctor Aparicio Abundancia deseña o cartel das Festas de San Telmo 2024

Undefined

O Concello de Tui aposta por un cambio na elaboración do cartel anunciador das festas de San Telmo, que dende este ano será encargado a creadores e creadoras tudenses. Deste xeito búscase reforzar este formato tendo en conta a importancia que o mesmo ten coma elemento comunicador e de atracción destas festas declaradas de Interese Turístico Galego.

As Xornadas Rosendo Salvado continúan a difusión e posta en valor da vida e obra deste tudense universal

Undefined

O vindeiro venres, 1 de marzo, cúmprense 210 anos do nacemento, no barrio de Riomuíños da nosa cidade, de Rosendo Salvado Rotea un dos tudenses máis egrexios ao longo do tempo.  Da súa polifacética actividade de escritor, músico, naturalista, antropólogo e líder relixioso salientan os seus esforzados traballos canda o mundo aborixe, desenvolvidos na comunidade beneditina de Nova Nursia en Australia Occidental.

Tui celebra o Día de Rosalía con diversas propostas para lembrar a nosa poeta máis universal

Undefined

A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración arredor deste venres, 23 de febreiro, do “Día de Rosalía” en que se celebra o 187 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura