Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Esta fin de semana celébrase a Carreira Solidaria e a Feira Cabalar

Undefined

O deporte está tamén presente nas Festas de San Telmo. Este sábado celébrase a Carreira Solidaria e o domingo e o luns a Feira Cabalar, dous eventos que foron presentados esta mañá.  Na rolda de prensa participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; Laura Solla do Club Atletismo Tui; Elvira Crespo do Club Hípico Equigalia; Jesús Gómez, José López e Rosa Moreira da Asociación Cultural San Roque e Bartolomeu; e Luís Romero da Peña Cabalar Val do Louro.

Mañá presentación da Carreira Solidaria de San Telmo e da Feira Cabalar 2022

Undefined

Maña martes, 19 de abril, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da Carreira Solidaria de San Telmo e da Feira Cabalar 2022.

A Carreira Solidaria de San Telmo celebrarase este  sábado 23, a partir das 11.00 horas, dende o Paseo da Corredoira, organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. A Feira Cabalar terá lugar o domingo 24 e o luns 25, Luns de San Telmo, organizada polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Cultural San Bartolome, de Hípica Marcos, do Club Hípico Equigalia e da Peña Cabalar Val do Louro.

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Undefined

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

Mañá preséntase o Campionato Galego de Patinaxe Absoluto Grupos Show que na fin de semana se celebra en Tui

Undefined

Mañá mércores, 23 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Absoluto de Patinaxe en Grupos Grandes e Pequenos, que se celebrará esta fin de semana, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizado polo CPA Ribex, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe.

A Eurocidade BTT reúne a 1.160 participantes este domingo na súa novena edición

Undefined

Este domingo regresa a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña non competitiva, que tras dous anos de parón debido á pandemia volverá reunir aos afeccionados da BTT de Galicia e Portugal nun evento entre dous países.

A proba foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa,  o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, e o representantes da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez.

Máis de 250 deportistas de Galicia e Portugal participarán o sábado na XLI Regata Miño Internacional

Undefined

 Máis de 250 deportistas participarán este sábado na XLI Regata Miño Internacional Memorial José Luís Méndez que se celebrará en augas do río Miño entre Currás, Tomiño, e Tui.

Esta proba deportiva foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente do club, Luís Moroño, a secretaria Auri Gil, e polo o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo. Tamén estivo presente o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes