Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

A San Silvestre Solidaria de Tui reunirá este domingo a 1.200 persoas

Undefined

A II San Silvestre Solidaria de Tui bate récord de participación e reunirá este domingo a 1.200 persoas nunha proba de carácter festivo e solidario. Duplícase a participación rexistrada o ano pasado na primeira edición nun evento que está chamado a consolidarse no calendario anual de probas tudenses ante a gran acollida que tivo en só dúas edicións.

O luns preséntase a 2ª San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

O próximo luns, 18 de decembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 2ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A San  Silvestre celebrarase o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Estase a executar a construción de vestiarios no pavillón municipal de Guillarei

Undefined

O Concello de Tui continúa a traballar para mellorar as instalacións deportivas municipais e que estas conten coas condicións idóneas para a práctica deportiva. Nestes momentos está a executar obras de reforma e ampliación no pavillón deportivo en Guillarei para a instalación de vestiarios que suporán un investimento de 133.062,96€.

En concreto os vestiarios execútanse de forma lonxitudinal na fachada sur de forma adosada ao edificio. A obra conta cun prazo de execución de 6 meses.

O Concello de Tui está a executar a renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo

Undefined

O Concello de Tui de Tui está a executar a obra de renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui. A madeira existente foise deteriorando co paso dos anos o que supuña un risco para a seguridade, polo que se vai proceder a súa substitución por pavimento de madeira técnica.

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron onte o Premio Deportista Tudense

Undefined

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.

Mañá entréganse os Premios Deporte Tudense 2023

Undefined

O deporte tudense celebrará a súa festa anual mañá venres, 1 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, coa Gala do Deporte Tudense na que se entregarán os Premios Deporte Tudense 2023 nas distintas categorías deportistas promesa feminina e masculina, deportistas veterana feminina e masculina, deportista sénior feminina e masculina, adestrador, club deportivo e club deportivo de base, firma comercial, deporte adaptado e mención especial.

Este venres, 1 de decembro, abre a inscrición para a II San Silvestre de Tui

Undefined

Este venres, 1 de decembro, abrirá o prazo de inscrición para participar na II San Silvestre Tudense, que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira. Este evento está organizado polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración coa Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e varias empresas tudenses. Agárdase un novo éxito de participación superando a cifra de 500 persoas que a edición pasada realizaron a San Silvestre.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes