Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

O 25 de marzo conmemórase o 132 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional

Undefined

O 25 de marzo de 1886 inaugurábase de xeito oficial a antiga ponte internacional sobre o  río Miño deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo. Co gallo do seu 132 aniversario, a Eurocidade Tui- Valença rememora ese fito o domingo 25 de marzo.

Ás 16 hora española será inaugurada no Núcleo Museológico de Valença a mostra "O beijo das locomotivas".

Tui buscará aliarse con Valença dentro da Eurocidade para converterse en Smart City

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença estudará a solicitude de subvencións para poder converter a Tui e a Valença nunha Smart City logo da presenza de técnicos das dúas cidades a pasada semana en Barcelona no World Congress Mobile.

Para o Concello de Tui asumir en solitario o investimento preciso para a modernización dos servizos que presta sería inviable economicamente polo seu tamaño polo que a aposta sería a asociación con municipios limítrofes, inclinándose por esa alianza con Valença dentro da Eurocidade.

Este sábado celébrase a III Taça San Teotonio Eurocidade

Undefined

Este sábado, 17 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, disputarase o terceiro torneo de fútbol veterano Eurocidade, onde se porá en xogo a Taça San Teotonio.

Neste encontro enfrontaranse os equipos de categoría veterano do Tyde F.C. e do S.C. Valenciano, no que se pretende reunir nunha xornada lúdico deportiva, aos antigos xogadores de ambos clubs.

O partido de volta celebrarase nas Festas de San Telmo, disputándose o encontro no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

 

III Taça San Teotonio de fútbol veterano

O Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, acolle o sábado, 17 de febreiro, ás 12h  o III Torneo de fútbol veterano Eurocidade, onde se porá en xogo a Taça San Teotonio. Enfrontaranse os equipos de categoría veterano do Tyde F.C. e do S.C. Valenciano, no que se pretende reunir nunha xornada lúdico deportiva, aos antigos xogadores de ambos clubes. O partido de volta se celebrará nas Festas de San Telmo, disputándose o encontro no Estadio Dr. Lourenço Raimundo de Valença.

Melchor, Gaspar e Baltasar protagonizan a Cabalgata Internacional de Reis na Eurocidade

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença ten todo preparado para recibir este venres, 5 de xaneiro, aos  Reis Magos de Oriente que protagonizarán un ano máis a Cabalgata Internacional entre os dous municipios de dous países nunha comitiva formada por máis de 150 persoas.

A saída está prevista ás 17 hora española dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, onde se iniciará o percorrido de 3,5 quilómetros, que rematará dúas horas despois, ás 19 h, no Paseo da Corredoira en Tui fronte ao Seminario Menor.

O IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade terá lugar o domingo 26 de novembro

Undefined

Esta mañá na sala de concelleiros de Tui tivo lugar a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, e co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

Ligazóns de Interese

A continuación recóllense distintos enlace de interese de institucións vinculados á Eurocidade Tui-Valença, dende a propia Cámara de Valença até outras entidades e asociacións que realizan o seu traballo no ámbito transfronteirizo. 

Undefined

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade