Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Charla “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”

Data: 
4/05/2018
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez

A Sala Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, acolle o venres, 4 de maio, ás 19.30h, unha charla titulada “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”.  Está organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello e a Agrupación Apícola de Galicia. Correrá a cargo de Esther Ordóñez, veterinaria e presidenta do Consello Regulador do mel de Galicia.

Na charla incidirase na  importancia do trampeo como medida preventiva e de control da avespa asiática.  Este insecto, desde a súa chegada a Europa supuxo un grande problema medioambiental con graves repercusións na fauna autóctona, na seguridade cidadá e na economía.