Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema no Verán "El hijo de Bigfoot"

Data: 
13/07/2018
Lugar: 
Praza de San Fernando

O ciclo Cinema no Verán ábrese o venres, 13 de xullo, ás 22.30 h na Praza de San Fernando coa proxección de "El hijo de Bigfoot".

A película está protagonizada por Adam, un adolescente, que vive a aventura da súa vida cando parte na busca do seu pai e descobre que se trata do lendario Bigfoot. Pero tamén se decata que el ten poderes especiais coma falar cos animais.

  • Duración: 92 min.
  • Recomendada: Todos os públicos

*En caso de choiva, a proxección será no Teatro Municipal. Capacidade limitada. Retirar dúas entradas, de balde, por persoa media hora antes do comezo.