Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición e charla "Sorrisos transformadores"

Data: 
20/02/2018
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal e Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica

O martes, 20 de febrero, ás 11h na Sala anexa de exposicións da Área Panorámica será inaugurada a exposición “Sorrisos transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans .  O acto comezará ás 11h cunha conferencia a cargo de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, na Sala Félix Rodríguez. A charla está dirixida a  poboación en xeral,  pero especialmente aos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da ESO, e primeiro e segundo de Bacharelato. A continuación farase a visita á exposición.

"Sorrisos transformadores", que chega a Tui en colaboración co Concello de Tui a través das concellerías de Educación e Servizos Sociais, é unha exposición fotográfica composta por 10 imaxes. Esta campaña de visibilización positiva inclúe as imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, e irán acompañadas, cada unha, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadores e educadoras, xuristas, políticos e políticas, psicólogos e psicólogas… A exposición ten un carácter itinerante e de permanencia no tempo para prolongar a reflexión por parte da cidadanía."Sorrisos transformadores" nace co obxectivo de darlles visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo trans e as súas familias, co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

As súa finalidade é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar.