Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pacto de Tui

Data: 
6/07/2018
Lugar: 
Rúa Compostela

O 4 de xullo de 1137 tivo lugar a sinatura do Pacto de Tui, un tratado de amizade entre o rei leonés Alfonso VI e o infante portugués Afonso Henriques no que se estableceu con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, formando a fronteira máis antiga de Europa. Amais, este foi o primeiro paso para o recoñecemento de Alfonso Henriques coma rei de Portugal. Para conmemorar esta data o concello de Tui organiza dous concertos que terán lugar na rúa Compostela o venres 6 e o sábado 7 de xullo. 

O venres 6 ás 22.30h actuará a orquestra de folk SondeSeu presentando o seu quinto traballo "Beiralúa". O sábado 7, ás 22.30h, será a quenda de Teresa Salgueiro, exmembro de Madredeus con "O horizonte", un segundo álbum en solitario, co que celebra amais os seus 30 anos no mundo da música.

 A entrada aos concertos será solidaria cos afectados de Paramos de xeito que nas entradas polas rúas Mondoñedo e Betanzos haberá urnas onde depositar as doazón que cada espectador desexe.

Amais haberá unha exposición de azulexos do instituto Camoes de Vigo e bibliografía portuguesa na biblioteca municipal.