Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Play Doc

Data: 
26/04/2018
Lugar: 
Teatro Municipal

Hai 14 anos que en Tui se abriu unha ventá pola que nos asomamos a historias chegadas dende os lugares máis lonxanos ou da propia Galicia. Esa primeira fiestra marcou unha liña a seguir que en catorce edicións ten convertido a Play-Doc en referente a nivel internacional no mundo do documental, e nunha cita imprescindible para os amantes do cine pero tamén para o público en xeral. A programación oficial – froito dunha esixente selección de máis de 600 traballos presentados – achéganos ás últimas producións, mentres que o documental galego, ou as retrospectiva de destacados directores conforman outra parte importante da programación. A formación é outra das apostas dun festival que emociona, traspasa fronteiras, sorprende, arrisca e dende logo non deixa a ninguén indiferente.

Tui prepárase para gozar dunha nova proposta vangardista e valente, ao tempo que ambiciosa. Porque Play-Doc ten na cidade o seu mellor cómplice e aliado.