Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trillo Sabores da Lamprea

Data: 
18/03/2018
Lugar: 
Saída da igrexa de são Pedro da Torre

O domingo 18 de marzo ten lugar o Trilho Sabores da Lamprea,que abre o calendario de andainas da Eurocidade Tui-Valença de 2018.

Sairá ás 10 hora española da  igrexa de são Pedro da Torre.Consta dun percorrido de 7 quilómetros de dificultade básica e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos.

É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde gozar dunhas  fermosas vistas.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa. Débese facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos,  na seguinte conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806.