Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

X Semana de Teatro Afeccionado

Data: 
2/04/2018
Lugar: 
Teatro Municipal

Hai unha década que os grupos de teatro afeccionado teñen a súa semana teatral coincidindo coas festas de San Telmo. Unha ocasión destacada para estrear as novas montaxes, e para presentarse ante o público que enche o teatro, nas mesmas condicións que as compañías profesionais. Unha oportunidade magnífica para amosar o bo facer de actores e actrices afeccionados.

Luns 2 ás 21.00 h

Grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas con “Os pintores non teñen recordos”. 90 minutos.

Grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas

Martes 3 ás 21.00 h

Grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas con “Tecendo mentiras”. 73 minutos.

Grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas

Mércores 4 ás 21.00 h

Grupo Aloia Teatro da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con “O lío que lle lían a Pío”. 60 minutos.

Grupo Aloia Teatro da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis

Xoves 5 ás 21.00 h

Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con “Aquí non se paga”. 65 minutos.

Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe

Venres 6 ás 21.00 h

Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con “Descontrol hospital”. 80 minutos.

Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns

Sábado 7 ás 20.00 h

Grupo de Teatro Atalaia do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Tui con “Teño un tolo na casa”. 70 minutos.

Grupo de teatro Atalaia do voluntariado do Centro Sociocomunitario de Tui

Venda de entradas, sen numerar, ao prezo de 1,5€ dende hora e media antes do comezo da función. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao teatro.