XXI Feira do Libro Galego

Data:
17/05/2018
Lugar:
Paseo da Corredoira
Dedicado a María Victoria Moreno
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", así o declaraba María Victoria Moreno, a autora a quen se lle dedica este 2018 o Día das Letras Galegas. As súas obras dende “Anagnórise” a “Diario da luz e a sombra” terán espazo destacado nos postos que as librarías tudenses Iris e Espazo Lector Nóbel presentarán no día das nosas letras.
Programación
11 h.- Acto de apertura
11.10 h .- Pandereteiras As D’Abadía de Caldelas
12.00 h.- Contacontos de Saleta Fernández “Pan e chocolate”
13 h .- Banda de gaitas San Xoán de Paramos
17.30 h .- Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
18.30 h .- Circo de rúa con Pajarito con “A vida tola”
20.00 h .- Peche da feira