Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno local está formada por Carlos Vázquez Padin, Antonio Castro Negro, Milagros González Monteiro, María Jesús da Silva Fernández, Eduardo Freiría Martínez i Estrella Carmen Muradas Maceira. Reúnese en sesións ordinarias os luns, cada quince días, ás 9:30 horas na Sala de Concelleiros da Casa do Concello.

Corresponden á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas funcións, as seguintes competencias que se delegan:

1º.- O outorgamento de todas as licencias urbanísticas, que deban concederse con carácter previo, de acordo co previsto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e Protección do Medio rural de Galicia.

2º.- A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenrolo do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

3º.- As competencias que en materia de contratación veñen atribuídas ao Alcalde na Disposición adicional segunda do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Contratos do Sector público.

4º.- O recoñecemento das obrigas económicas derivadas da prestación de bens e servizos que foran recibidas no servizo de Intervención.

5º.- Resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra os acordos adoptados en exercicio das atribucións delegadas.

Ver Resolución da Alcaldía - Resolución de modificación da data da celebración da sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.