Pestanas principais

Currículo do alcalde

En 1972 os meus pais, Ricardo e Blanca, naturais de Melide (meu pai) e da Coruña (miña nai) chegaron, por motivos laborais, a Tui, coa miña irmá Débora, nacida en Monterroso, eu nacín aquí o 1 de Agosto de 1973.

EDUCACIÓN

ESCOLA DE NEGOCIOS CAIXANOVA

  • MBA  (Master  en dirección e administración de empresas)
  • DBA (Diploma en Administración e Dirección de Empresas) outorgado pola Universidade de Gales

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 

  • Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración.
  • Master en Xestión Pública (primeiro curso).

INSTITUTO SAN PAIO

  • BUP e COU

COLEXIO PÚBLICO Nº2 DE TUI

  • EXB

TRAXECTORIA PROFESIONAL

  • Alcalde de Tui
  • Axente freelance no  sector da madeira.  
  • Director Comercial de Thermochip. (Sobradelo de Valdeorras – Ourense)
  • Director Comercial de Muebles Hermida. (Lourenzá – Lugo).
  • Product Manager de MiniShop en Recreativos Presas. (Lalín-Pontevedra)
  • Gerente de Tienda de Mr. Bricolage (Pamplona-Navarra)
  • Becario en Lidl.
  • Xefe de Ventas de Atlántico Diario (Vigo - Pontevedra).
  • Becario en Honeycomb Community Project. ONG (Charity). Edimburgo, ESCOCIA.

TRAXECTORIA INSTITUCIONAL

  • Concelleiro en Tui desde maio 1999 a decembro 2001
  • Concelleiro en Tui desde maio do 2011 ata a actualidade

PUBLICACIÓNS

  • Por un Tui próspero 2015. Publicado pola Galidem e prologado por Fernando del Rio.
  • Galeguismo e liberdade 2011. Publicado por 2.0 Editora e prologado por Miguel Anxo Bastos Boubeta.

IDIOMAS

  • Bilingüe en Galego e Castelán
  • Nivel moi alto de Portugués
  • Nivel alto de Inglés e Italiano
  • Nivel básico de Francés
Áreas: 
Alcaldía