Concursos

E.g., 24/02/2018
E.g., 24/02/2018

II Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui 2017

21/09/2017

O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura “Pinta Tui” que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar  a dinamización da oferta turística e as actividades no concello.

A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Concurso de Pintura Pinta Tui 2016

21/03/2017

O Concello de Tui convoca a 1ª edición do Concurso de pintura "Pinta Tui" que se celebrará o domingo día 6 de novembro de 2016

Concurso Fotográfico Literario Relación Home Muller 100% Positiva 2016

5/10/2016

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Tui convoca o IX Concurso Fotográfico Literario Relación Home Muller 100% Positiva 2016

Concurso de pintura mural 2016

1/09/2016

As concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui convocan o presente Concurso de Pintura Mural 2016 coa finalidade de prestixiar e difundir a obra de artistas creadores de pintura mural, ademais de promover a súa creatividade.

I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”

29/04/2016

O Consorcio do Louro convoca en 2016 o I Concurso de Debuxo Infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”. O prazo de presentación de traballos remata o 23 de maio de 2016.