Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ordenanzas

E.g., 20/03/2024
E.g., 20/03/2024

Rueiro clasificatorio para ordenanzas

15/02/2024

Este anexo se aplica a efectos de determinar a taxa ou prezo público a aplicar

Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.

12/12/2022

Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria realizada o 29 de setembro de 2022, aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.
Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 195, de data 11 de outubro de 2022, sen que se tiveran presentado reclamacións ou suxestións, elévase a definitivo o acordo ata entón provisional e, de conformidade
co art. 49 de Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, procédese á publicación definitiva do texto íntegro da ordenanza no BOPPO 234 do venres, 9 de decembro de 2022.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ensinanzas musicais

29/07/2022

Ordenanza reguladora da Taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes municipais do Concello, aprobada polo Pleno do Concello de Tui en sesión ordinaria celebrada o día 26 de maio de 2022.

Publicad no BOPPO número 144 do venres, 29 de xullo de 2022

 

Ordenanza reguladora funcionamento Conservatorio Elemental e Profesional e a Escola de Música Municipal de Tui

1/06/2022

Ordenanza reguladora funcionamento Conservatorio - Aprobación inicial Pleno 26/05/2022. Aprobación definitiva publicada no BOPPO do 11 de agosto de 2022

Ordenanza fiscal - Imposto sobre vehículos de tracción mecánica, IVTM

20/12/2021

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Ordenanza publicada no BOPPO Núm. 244 Xoves 20 de decembro de 2021

Xestión delegada no O.R.A.L agás altas

Aprobación inicial Ordenanza Zona Azul Gratuíta

3/12/2021

Aprobada inicialmente a ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zona azul gratuíta) por acordo do Pleno de data 25 de novembro de 2021, queda exposto ó público xunto co texto da ordenanza que se insire a continuación, por un prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado polas persoas que teñan a condición de interesadas na páxina web do Concello de Tui e na súa sede electrónica:https://concellotui.sedelectronica.gal/board.

De presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación. No caso de que non se tivese presentado ningunha reclamación ou suxestión, este acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

15/10/2021

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Hº de Tui

15/10/2021

Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021

Ordenanza fiscal ocupacion solo, subsolo e voo

1/01/2021

Ordenanza da taxa por ocupación con tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxia eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, rieles, básculas, aparatos para a venda automática e outros semellantes que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local ou voen sobre os mesmos.

Esta ordenanza reguladora entrou en vigor el 01/01/1999.

O anexo á mesma publicouse en BOPPO Nº 42 do 28 de febreiro de 2008.

Corrección erros bases axudas Paramos

12/09/2019

Corrección de erros nas Bases Reguladoras de axudas para reparación de danos en vivendas da denominada “Zona Cero”, situada no Barrio da Torre, parroquia de Paramos, afectadas  pola explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018. Publicada no BOPPO do xoves, 12 de setembro de 2019.

Ordenanza fiscal - Imposto sobre bens inmobles (IBI)

27/12/2018

Imposto sobre bens inmobles (IBI)

Publicada no BOPPO 247 do xoves, 27 de decembro de 2018 

Xestión delegada no O.R.A.L.

Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras do Concello de Tui

5/11/2018

O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística,se obtivese ou non a devandita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou actividade de control corresponda o concello da imposición. A ordenanza apareceu publicada no BOP o luns, 5 de novembro de 2018

Páxinas