Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Feiras

Con carácter anual o Concello de Tui celebra dúas feiras que contan cunha longa traxectoria. A actividade de exposición e venda complétase en ambos casos cun amplo programa de actividade a desenvolver ao longo da xornada. 

Feira de Artesanía

Na primeira fin de semana de maio a artesanía é a protagonista no conxunto histórico de Tui na celebración da Feira de Artesanía de Tui que ten lugar dende o ano 1996. O seu obxectivo é apoiar a comercialización do produto artesán, a promoción e a difusión da actividade artesán, achegándoa ao público dun xeito claro e preciso, así como a dinamización do Conxunto Histórico, do Centro Comercial Aberto e da Cidade de Tui, no eido comercial, social e cultural. Realízase con antelación a convocatoria de 44 postos de venta directa para artesáns posuidores da Carta de Artesá. Os artesáns tudenses achegan as súas creacións a esta feira.

Feira do Libro Galego

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, dende o ano 1998, celébrase a Feira do Libro Galego en colaboración coas librarías locais. Unha véntena de postos presentan as novidades editoriais, clásicos da literatura galega, así coma a obra do autor homenaxeado cada ano no Día das Letras Galegas. Teñen tamén presenza especial as obras dos escritores tudenses.  Ao longo da xornada o programa abrangue tamén actuacións musicais e outros espectáculos de animación. 

Áreas: 
Cultura