Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festas de San Telmo - Programación

Un amplo programa de actividade é o que se vai desenvolver en Tui do sábado 31 de marzo ao luns 9 de abril co gallo das festas de San Telmo.

A lectura do pregón, a cargo do mestre Antón Corral, marca o inicio dos festexos o sábado 31.  Dende entón sucederanse eventos nos que a música é a protagonista coma os concertos previstos ou as verbenas. Os cativos terán o seu oco con actividades infantís e proxección de cinema. O grupos folclóricos estarán presentes ao longo das festas, do mesmo xeito que a banda de música, as charangas... Non falta a gastronomía e tampouco o deporte con propostas consolidadas coma a Carreira Popular, que conta cunha longa tradición, pero tamén con exhibicións de distintos deportes.  Os actos relixiosos na honra a Santa Telmo, que culminan coa solemne procesión teñen tamén o seu oco na programación. Dez días de festas para gozar e vivir.