Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Paseo Fluvial

Descripción: 

Aos pes do conxunto histórico de Tui, flanqueado pola muralla e polo río Miño o Paseo Fluvial brinda un espazo de lecer para pequenos e maiores. A senda de madeira proporciona un agradable paseo, ao tempo que a zona axardinada convida a deterse e disfrutar da paisaxe. Un parque infantil e outro de biosadables están nas proximidades xa na zona do Penedo. Se continuamos o paseo percorremos a desembocadura do río Tripes, e poderemos chegar ata a vella Ponte Internacional.