Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Senda da Pedra Santa

Descripción: 

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, forma parte da rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados. Conta con carteis explicativos do percorridoe sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas.  

Trátase dunha senda circular que ten o seu principal acceso xunto á ponte sobre o río Louro na Veiga, en pleno Camiño de Santiago. Parte do seu traxecto coincide co do propio camiño portugués, pasando por lugares coma a capela da Virxe do Camiño ou a Ponte das Febres. Pero tamén transcorre polo pontillón do Louro e o Lagartón, enlazando coa senda que foi tamén habilitada este verán.