Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Senda do río Lagartón

Descripción: 

A senda do Largartón, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros, está situada na parroquia de Guillarei. Trátase dun sendeiro antano utilizado de cotío polos veciños. Esta senda brinda un paseo á sombra de árbores autóctonas, e cruza cunha pequena ponte por riba do regato Lagartón, que lle da nome. Está situada na zona da Veiga comezando fronte á Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei e remata na parte traseira do tanatorio de Guillarei.  Está moi cerca da Ponte románica sobre o río Louro e do trazado do Camiño Portugués a Santiago.