Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 11.30h preséntase a Aloiada 2018

8/06/2018

Hoxe venres 8 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2018, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caledas,  en colaboración co Concello de Tui, no que máis de 200 nenos e nenas de sexto de primaria destes colexios, realizarán diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño, os días 14 e 15 de xuño.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de deportes, Andrés Urseira,  a concelleira de educación, Milagros González, a xefa de estudios do CEIP Nº1, Marta Álvarez, o director do CEIP Nº2, Luis Ruiz, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, o director do CEIP de Rebordáns José Luís Martínez, a directora do CEIP de Guillarei, María Liliana González, a directora do CPR Santa María Maristas, Patricia Bugarín, o director do CEIP de Randufe, Ricardo Alonso, e unha representante do CEP de Caldelas.