Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Acordo entre o Concello e a UNED para garantir a apertura da aula da UNED tudense

16/03/2018

As clases luns e mércores serán no antigo Convento de San Domingos e os martes, xoves e venres na Área Panorámica

Esta mañá reuníronse na casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e a secretaria do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso, para buscar unha solución á apertura da aula tudense.

Nesta reunión ambas institucións, Concello e UNED, recoñeceron os obstáculos legais cos que se atopan para poder realizar a contratación do persoal preciso para a apertura da aula de luns a venres.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, sinala que estas dificultades veñen dadas pola contratación do persoal e non polo financiamento dese posto de traballo xa que o concello garante e garantiu en todo momento o asumir o custe que conlevaría.

De aquí a finais do presente curso académico 2017/18 Concello e UNED chegaron ao acordo de que o Centro Asociado da UNED en Pontevedra enviará os luns e mércores, en comisión de servizos, a persoal deste centro para a apertura da aula no antigo convento de San Domingos.  Mentres o resto da semana, os martes, xoves e venres, as clases trasládanse a aula CEMIT na Área Panorámica.