Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de inauguración das xornadas de traballo sobre o proxecto de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural “Potenciando Capacidades en el Rural”

5/09/2017

Celebrarase este xoves, 7 de setembro, na Área Panorámica

Este xoves, 7 de setembro de 2017, ás 10.30h na Área Panorámica de Tui terá lugar o acto de inauguración das xornadas de traballo sobre o proxecto de cooperación entre Grupos se Desenvolvemento Rural “Potenciando Capacidades en el Rural”

Os  Grupos de Desenvolvemento Rural, implementan as súas estratexias no territorio e xestionan os fondos do programa Leader. Ademais traballan en rede e colaboran a través de Proxectos de cooperación que teñen por finalidade mellorar e acadar un desenvolvemento de todos os territorios de forma conxunta.

O GDR14 ten a intención de liderar un destes Proxectos de cooperación no novo período 2014 – 2020 denominado “Potenciando Capacidades en el Rural”, e con tal motivo, a Red Rural Nacional, dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, ten seleccionado o nosos territorio para organizar unha reunión de traballo entre os socios do proxecto para asentar as bases da cooperación e definir e concretar os obxectivos a acadar con este proxecto.

Neste intercambio participan membros das xuntas directivas e dos equipos técnicos de outros GDR de toda España.

Contarase coa presenza do alcalde en funcións de Tui, Miguel Ángel Capón Rey, coa presidenta do GDR 14, Sandra González Álvarez e a xefa de sección da Red Rural Nacional, Patricia Martínez Alonso.