Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Adíase ao 23 de maio a presentación do libro "Palabras contadas" de Camilo Franco previsto para este xoves

8/05/2007

A PRESENTACIÓN DO LIBRO “PALABRAS CONTADAS” DE CAMILO FRANCO ADÍASE AO DÍA 23 DE MAIO 

Para o vindeiro xoves 10 de maio estaba prevista a presentación do libro “Palabras contadas” de Camilo Franco organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui no seu programa de actividades do “Mes dos libros”, pero compromisos ineludibles xurdidos ao autor fan imposible a súa presenza en Tui esta xoves polo que cómpre o aprazamento desta presentación para o vindeiro mércores 23 de maio.

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui solicitamos disculpas aos nosos usuarios por este aprazamento debido a causas alleas á nosa vontade. De todos os xeitos a vindeira cita do programa de actividades do “Mes dos libros” será o vindeiro martes 15 de maio coa conferencia de Marga do Val sobre María Mariño, a poetisa a quen está adicado este ano o “Día das Letras Galegas”.