Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A artesanía será a protagonista esta fin de semana no conxunto histórico de Tui

1/05/2018

42 artesáns participarán na XXII Feira de Artesanía que se celebrará o sábado 5 e o domingo 6 de 12 a 22h

O conxunto histórico de Tui será o escenario esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de maio, da XXII Feira de Artesanía organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui. O obxectivo desta actividade, que conta cunha longa tradición na cidade, é apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.

Dende o sábado a mediodía e ata o domingo a última hora da tarde corenta e dous artesáns, dos que quince son de Tui, todos eles con cartá de artesán amosarán as súas creacións en cerámica, textil, madeira, vidro, ...  Estarán distribuídos pola rúa Ordóñez e a Praza de San Fernando.  Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.

Ao tempo está prevista a actuación de varios grupos de Tui. O sábado será a quenda do grupo folclórico Seixos Albos de Areas (12h), a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei (13h), a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos (18h) e a agrupación Inquedanzas de Pazos de Reis (20h), e o domingo actuarán a Banda de Gaitas O Mosteiro de Pexegueiro (12h), o grupo da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro (18h) e a Banda de Gaitas Arume de Malvas (20h).  Amais tanto o sábado coma o domingo haberá inchables para os cativos no Paseo da Corredoira.

A concelleira de Comercio, Yovana Velázquez, convida a visitar Tui esta fin de semana pasear polo conxunto histórico e coñecer a artesanía elaborada tanto en Tui coma en Galicia, ao tempo que disfrutar da nosa cultura tradicional a través do folclore local.

XXII Feira de Artesanía de Tui

  • Lugar: rúa Ordóñez, Praza do Concello e Praza de San Fernando
  • Data: Sábado 5 e domingo 6 de maio de 12 a 22h
  • Participan: 42 artesáns galegos (15 de Tui), a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.
  • Programación
  • Sábado 5 de maio
    • 12h inauguración e actuación do grupo folclórico Seixos Albos de Areas
    • 13h Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei
    • 18h Banda de Gaitas San Xoán  de Paramos
    • 20h Agrupación Inquedanzas de Pazos de Reis
  • Domingo 6 de maio
    • 12h apertura e actuación da Banda de Gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
    • 18h Grupo da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro
    • 20h Banda de Gaitas Arume de Malvas

* Os dous días haberá inchables para os cativos no Paseo da Corredoira