Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal pon en marcha o proxecto "Fun Kids" de animación á lectura en lingua inglesa

6/10/2006

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI PON EN MARCHA O PROXECTO “FUN KIDS” DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN LINGUA INGLESA

A Biblioteca Pública Municipal de Tui pon en marcha un proxecto de animación á lectura en lingua inglesa que baixo a denominación de “Fun Kids” tenta achegar un primeiro coñecemento da lingua inglesa para os nenos e nenas da nosa cidade.
Este proxecto ten como obxectivo promover a iniciación á lingua inglesa mediante actividades de carácter lúdico, que favorezan o seu desenvolvemento persoal e potencien a súa motivación pola aprendizaje. As actividades a desenvolver parten dun achegamento ao inglés xogando cos contos tradicionais de Inglaterra, aprendendo e recitando pequenos versos infantiles da cultura popular británica, xunto a cancións tradicionais de grande popularidade, etc.
Este proxecto estará a cargo de Imelda Gillespie-Wilkinson, titulada en Humanidades e Comunicación e con acreditada experiencia na formación de docentes e na impartición de cursos e actividades de ensinanza da lengua inglesa.
Este proxecto “Fun Kids” estructurase en dous grupos de actuación: un para nenos e nenas de 4 e 5 anos e outro para os rapaciños de 6 e 7 anos de idade. Serán sesións quincenais de cincuenta minutos a partir do vindeiro martes 17 de outubro e ata o mes de maio de 2007, ás 16,45 para os máis pequenos e ás 17,45 para o grupo de 6 e 7 anos. O prezo é gratiuto. O número de participantes é de 10 en cada grupo.
As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Tui ata as 13,00 horas do vindeiro sábado 14 de outubro. Se o número de solicitantes supera as prazas previstas, realizarase un sorteo público entre todas as solicitudes presentadas para escoller aos participantes e establecer unha lista de reserva. Este sorteo será na propia Biblioteca Municipal o lúns 16 de outubro ás 13,00 horas. Os nenos seleccionados serán avisados telefónicamente e colocarase o listado na porta exterior da Biblioteca.
Este proxecto da Biblioteca Municipal tudense trata de favorecer a aprendizaxe do inglés nos rapaces màis pequenos ao tempo que se promove seu achegamento ao mundo da literatura e a cultura inglesa. Para o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, “Fun Kids” é unha novidosa aportación da biblioteca tudense para a promoción cultural da nosa cidade.