Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Broken Peach e dj Gramola poñen a nota musical nas festas de San Telmo mañá xoves

4/04/2018

As actuacións musicais previstas para o venres anticípanse ao xoves pola previsión de choiva

A música será un dos pratos fortes mañá xoves, 5 de abril, na programación das festas de San Telmo. As actuación previstas inicialmente para o venres anticípanse para mañá debido á previsión de choiva que hai para venres. Deste xeito o Paseo da Corredoira acollerá dende ás 19h o Mercado de Autor e Food Trucks coa participación de Pau e Lume, Mis Co-Midas e La chaca.  Ás 20h comezará o karaoke no que calquera persoa poderá participar interpretando as súas cancións favoritas.

Ás 22.15h será a quenda do grupo Broken Peach, unha formación integrada por de 3 a 5 voces, con batería, baixo, guitarra e piano.  Achegarán ao público versións dos anos 70, 80 e 90 até a actualidade, nun concerto pensado para todas as idades e para disfrutar bailando.  Os seus directos  caracterízanse por unha coidada estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Amais o seu eclecticismo músical vai do soul hasta el rock, pasando polo gospel, funk, pop, …

A continuación será a quenda dj Gramola cunha coidada selección musical en vinilo.

Amais de 11 a 13h continúan as actividades con Chirlomirlo. Mañá os nenos serán aprendices de magos fabricando a súa variña, e practicando trucos de maxia…baixo o título de “Escola de Maxia”.  Mentres ás 16h comeza na Sala Félix Rodríguez a proxección de “Vaiana”.

Por último ás 21h, no Teatro Municipal de Tui, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que estreará “Aquí non se paga” de Dario Fo. Doce actores, baixo a dirección de Areta Bolado, interpretan esta comedia na que dúas mulleres inician unha revolta popular contra a suba dos prezos no supermercado. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€.

Programación das Festas de San Telmo – Xoves, 4 de abril

  • 11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís - “Escola de maxia” con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
  • ​16.00 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Vaiana” con En Un Tris Tras - 107 min. *Entrada libre ata completar capacidade.
  • ​19:00 h No Paseo da Corredoira, Mercado de FoodTrucks.
  • 20.00-22.00 h No Paseo da Corredoira, Festival de Karaoke.
  • 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de Teatro Chirlomirlo da A.C. Xuntanza de Randufe estrea “Aquí non se paga” – 65 min. Entrada 1,5 €.
  • 22.15-23.45 h No Paseo da Corredoira, actuación grupo Broken Peach.
  • 00.00-1.00 h No Paseo da Corredoira, actuación DJ Gramola.