Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A consignación de 314 mil euros para a apertura sur da rúa Ourense irá a pleno a finais de mes

17/04/2018

Será financiada con cargo ao remanente de tesourería

No pleno ordinario deste mes de abril presentarase para a súa aprobación a consignación orzamentaria de 314 mil euros para executar as obras de apertura da rúa Ourense en sentido sur no enlace coa rúa Colón e Augusto González Besada. Esta consignación farase con cargo ao remanente de tesourería, xa que aínda que pleno aprobada xa anteriormente o destino destes cartos para esta finalidade ao non executarse antes do 31 de decembro de 2017 é preciso volver realizar a reserva desta cantidade.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explica que a finais do ano pasado completouse a expropiación dos inmobles afectados pola apertura deste vial, e agora unha vez consignada a cantidade precisa, sacarase a licitación a obra e procederase a súa adxudicación.