Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A feira do libro de Tui chega a súa décima edición. Terá lugar o xoves no Paseo da Corredoira e contará con 24 postos.

15/05/2007

A Feira do Libro Galego chega a súa décima ediciónTerá lugar no Paseo da Corredoira onde se emprazarán 24 postos O Paseo da Corredoira acolle este xoves, 17 de maio, entre ás 12 e ás 22h a X Feira do Libro Galego, organizada pola Concellería de Cultura do Concello coa colaboración das librarías Iris, Valverde e Byblos, co gallo do Día das Letras Galegas. No Paseo da Corredoira emprazaranse 24 postos, dos que vinteún serán ocupados polas tres librarías que participan na Feira amosando un amplo abano de títulos en galego das distintas editoriais, entre os que estarán tanto as novidades coma clásicos, e tamén as obras dos escritores tudenses. A Biblioteca Pública Municipal de Tui contará con dous postos para a dar a coñecer a súa labor e iniciativas, e outro posto será ocupado polo Dinamizador da Sociedade da Información que está exercendo a súa labor no Concello.  No Paseo da Corredoira haberá ao longo da xornadas do xoves música ambiental. O orzamento desta actividade ascende a 6 mil euros. A Feira será inaugurada ás 12 do mediodía polas persoas que gañaron o Concurso de Caligramas convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, actuando a continuación o grupo folclórico “Xuntanza” de Randufe. Tamén pola mañá ofrecerá un recital a Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño. As actividades continuarán pola tarde con xogos populares, obradoiros, contacontos e dous inchables de 16.30 a 19.30h. Ao remate haberá un espectáculo de rúa denominado “Unha de piratas”, e ás 20.30h actuará o grupo de gaiteiros “Os cinco”.  A Feira do Libro foi presentada esta mañá na Casa do Concello polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e Maruchi Valverde en representación das libreiras.  O Alcalde felicitou ao departamento de Cultura, tanto ao concelleiro coma ao persoal, pola labor que realizan para que estes eventos sexan un éxito, e agradeceu a colaboración das libreiras, xa que sen elas non sería posible levar adiante esta actividade. Pola súa parte o Concelleiro de Cultura salientou que este ano se celebra a décima edición da feira que foi crecendo grazas á resposta do público, das librarías e das editoriais. Indicou que aínda que este ano a Feira coincide co mercado semanal que se celebra na cidade todo está perfectamente coordinado cos vendedores ambulantes. Por último Maruchi Valverde amosouse satisfeita por chegar á décima edición deste evento o que “constata que a xente acode e está contenta”. Resaltou a ampla colección de libros que estarán a venda, e con cada compra agasallarán cun libro sobre María Mariño, a quen este ano se lle dedica o 17 de maio. A Corredoira péchase ao tráfico co gallo da Feira Co gallo da celebración da X Feira do Libro no Paseo da Corredoira, o tráfico permanecerá cortado nesta rúa e non se poderá circular dende mañá mércores ás 2 da tarde e ata última hora do xoves. O xoves pola mañá permitirase so o estacionamento dos vehículos dos vendedores ambulantes.  X Feira do Libro GalegoLugar:Paseo da CorredoiraData e hora: Xoves 17 de 12 a 22hDatos: 24 postos Actividades paralelas:o        Ás 12h Inauguración e actuación do grupo folclórico “Xuntaza” de Randufeo        Recital a Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño.o        De 16.30 a 19.30h Xogos populares, obradoiros, contacontos e dous inchables o        Ás 19.30h Espectáculo de rúa denominado “Unha de piratas”o        Ás 20.30h actuará o grupo de gaiteiros “Os cinco”. Organiza: Concellería de CulturaColaboran: Librarías Iris, Valverde e Byblos