Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Hoxe luns ás 17h preséntase a VII Eurocidade 10 que terá carácter solidario cos afectados de Paramos

4/06/2018

Hoxe luns, 4 de xuño, ás 17.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da VII Eurocidade 10, proba atlética de dez quilómetros, organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia, que se realizará o domingo 10 de xuño, con saída dende o Paseo da Corredoira de Tui. A proba terá carácter solidario cos afectados de Paramos.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez.