Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Información Pública da aprobación inicial en relación coa modificación puntual do PXOM no ámbito dos sectores SU2A e SU2B do PXOM, con ordenanzas detalladas.

10/01/2006

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria-urxente celebrada o día 7 de decembro de 2016, e no punto da orde do día n° 2 relativo a PROPOSTA DA ALCALDÍA EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM NO ÁMBITO DOS SECTORES SU2A E SU2B DO PXOM, CON ORDENANZAS  DETALLADAS, aproba por unanimidad e dos corporativos resentes (15 votos a favor), o acordo que, na súa parte dispositiva, se transcribe literalmente:

"1º- Aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do PXOM, no ámbito dos sectores urbanizable SU2A  e SU2B, coas ordenacións detalladas que se formulan nos ámbitos de referencia. A tales efectos sinalar que os documentos sometidos a aprobación inicial resultan:

Doc.nº32.- (R.E nº9393 de data 24.10.2016).-Escrito suscrito por D.Angel Santorio Cuarteiro; acompañando:

-Tomo I: Modificación Puntual- Proxecto :" Modificación Puntual do PXOM no ámbito dos sectores de solo urbanizable SU2A e SU2B, con ordenacións detalladas".; redactado polos arquitectos D.Ángel Santorio Cuartero e Alejandro Arias Novas

-Tomo II: Ordenación detallada do sector SU2A- Proxecto: "Modificación puntual do PXOM no ámbito dos sectores de solo urbanizable SU2A e SU2B, con ordenacións  detalladas".


Doc.nº33.-(R E nº9468 de data 25.10.2016).Oficio de aportación de documentación complementaria suscrito por D.Leandro Nogueira Pérez; actuando en representación de Propietarios Maioritarios Sector SU 2B, no que aporta en soporte papel Ordenación detallada do sector SU-2B, complementario a modificación puntual dos sectores SU-2A e  SU2B

Doc. nº34.- (R.E nº9988 de data 09.11.2016).Escrito suscrito por D. Antonio Rigueira López; en representación de "Eurobandas S.A", aportando a seguinte documentación :


-Anexo á memoria xustificativa da MP
-Plano de Clasificación do Solo da MP (M02)
-Planos de Clasificación do Solo da OD (002), e clasificación do solo e usos pormenorizados (003).

Doc.nº39.-(R.E nº10742 de data 28.11.2016). Escrito de aportación de documentación complementaria, presentada por "Nam Arquitectos,S.L.P ", actuando en representación dos propietarios maioritarios SU2B de Ribadelouro.

2º.- Someter ditos documentos a información pública por período de 2 meses, con publicación de acordo no DOGA, e nun xornal de maior difusión da provincia.

A documentación sometida a información pública abarcará tódolos documentos integrates do expediente en tramitación, incluíndo un resumo executivo, estudo integral executivo e un resumo non técnico do estudo ambiental estatal.

3º.- Suspender o outorgamento de Licenzas de obras e actividade e de parcelación nos ámbitos de solo SU2A e SU2B do PXOM-2011, durante o prazo de 2 anos,dende a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións supoñan a modificación da Ordenación Urbanística vixente); en todo caso esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

4º.- Elevar esta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo a fin de realizar as c.onsultas previstas no documento de alcance do estudia ambiental estratéxico,dará audiencia os municipios limítrofes e solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos que deberá de ser emitidos no prazo de 3 meses transcorridos os cales se entenderán emitidos en sentido favorable."

Dito expediente poderá ser examinado no departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de oficina, aos efectos de presentar as alegacións procedentes.

 

Nota informativa(25-01-2017)


ANUNCIO - Aprobación inicial SU2A e SU2B


Doc.nº32.- (R.E nº9393 de data 24.10.2016)

Doc.nº33.-(R E nº9468 de data 25.10.2016)
Doc. nº34.- (R.E nº9988 de data 09.11.2016)
Doc.nº39.-(R.E nº10742 de data 28.11.2016)