Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

“La edad del oro del pop español” nas Festas de San Telmo

7/04/2018

A orquestra Pontevedra, a Banda de Música Popular de e Cantos Somos completan a oferta musical do domingo

A música encherá mañá domingo, 8 de abril, as rúas de Tui coas distintas actividades previstas no marco das Festas de San Telmo.

O prato forte das actuación previstas é o espectáculo “La Edad del Oro del Pop Español” que comezará ás 22.30h na rúa Compostela para ofertar dúas horas e media do mellor pop rock español dos anos 80 e 90. Sobre o escenario estarán Joaquín Padilla, vocalista do Grupo Iguana Tango,  Pablo Perea, vocalista de La Trampa, Roberto Gil,  vocalista de Tennesse, e Chus Herranz, actriz- compositora, e voz do espectáculo “ Hoy no me puedo levantar “ de Nacho Cano.  Interpretarán temas coma “Bienvenidos”, “Cruz de Navajas”, “Sabor de amor”,   “La chica de ayer”, “Déjame”, entre moitos otros.

Amais mañá á noite a orquestra Pontevedra, coa tudense Noelia Solleiro, amenizará averbena no Paseo da Corredoira.

Previamente a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá dous concerto do Paseo da Corredoira ás 12h e ás 19.30h da tarde, que en caso de choiva se suspenderán. A charanga tudense Cantos Somos volverá percorrer as rúas da cidade dende ás 17h.

Amais realizarase o desfile exaltación do traxe tradicional que este ano cambia horario e percorrido. Sairá despois da misa ofrenda a San Telmo na Catedral ás 13h da Praza de San Fernando  polo Paseo da Corredoira até a Glorieta de Vigo, xunto co grupo de gaitas e baile da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui.

Programación Festas de San Telmo – Domingo, 8 de abril

  • 12.00-13.00 h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui.
  • 13.00 h Desfile Exaltación do traxe tradicional dende a Praza de San Fernando ata a Glorieta de Vigo, cos grupos de gaita e baile da A. do Traxe Tradicional de Tui.
  • 17.00-19.00 h Polas rúas de Tui actuación da Charanga “Cantos Somos”.
  • 19.30-20.30 h No Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui.
  • 20.30 – 22.30 h No Paseo da Corredoira, verbena coa Orquestra Pontevedra.
  • 22.30 – 01.00 h Na rúa Compostela concerto “La edad de oro del pop español”.
  • 01.00 – 02.00 h No Paseo da Corredoira, verbena coa Orquestra Pontevedra.