Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá ás 11h preséntase a XXI Feira do Libro Galego

10/05/2018

Mañá venres, 11 de maio, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da XXI Feira do Libro Galego que se vai celebrar no Paseo da Corredoira o xoves 17 deste mes.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e dos representantes das librarías Iris e Espazo Lector Nobel que participarán na feira.