Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12h preséntase no Concello de Tui a segunda edición do Festival Arraianos

6/09/2017

Celebrarase esta fin de semana en Tui

Mañá xoves, 7 de setembro, ás 12h na sala de plenos do Concello de Tui terá lugar a presentación do Festival Arraianos. Esta cita coa Idade Media chega a Tui por segundo ano os días 8, 9 e 10 de setembro.

O venres ás 21h dará comezo o festival cos apertura do Mercado Arraianos e ás 23h terá lugar o espectáculo inaugural na praza de San Fernando. As actividades sucederanse durante as xornadas do sábado e do domingo, cando terminará o festival co acto de clausura ás 21.30h na praza de San Fernando e o peche definitivo do Mercado Arraianos ás 23h.

A presentación mañá xoves correrá a cargo do teniente de alcalde do Concello de Tui, Miguel Ángel Capón, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, de Andrea Costa e Víctor Pérez Bugarín, da organización do Festival da Cultura Arraiana, e dun representante de Hípica Celta.