Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes proseguen as festas de San Telmo con actividades infantís, canto coral e teatro

2/04/2018

“Xogando coa música” é o título do obradoiro que Chirlomirlo vai realizar mañá martes, de 11 a 13h na Área Panorámica dentro das actividades infantís das festas de San Telmo.  Os cativos, dende os 3 anos, fabricarán instrumentos de vento, corda e percusión con distintos materiais.

Xa pola tarde, ás 16h, Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle a segunda proxección de cinema con En Un Tris Tras e a película “Batman. La Lego Película”.

A música chegará até a Residencia San Telmo da man da Coral do Centro Sociomunitario que actuará a partir das 17h.

Por último ás 21h dentro da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas estreará “Tecendo Mentiras” baixo a dirección de Nieves Rodríguez Besada.  Nove actores subirán ao escenario do teatro para interpretar esta comedia na que as verdades saen pouco a pouco á luz nunha casa de ricos chea de mentiras.  As entradas poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€, sen numerar.

Programación das Festas de San Telmo - Martes, 3 de abril

  • 11.00-13.00 h No edificio da Área Panorámica, porta 12, actividades infantís - “Xogando coa música” con Chirlomirlo. *Entrada libre ata completar capacidade.
  • 16.00 h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, porta 10, cinema infantil “Batman: La lego película” con En Un Tris Tras - 104 min.
  • *Entrada libre ata completar capacidade.
  • 17.00-18.00 h Na Residencia San Telmo actuación da Coral Centro Social de Tui.
  • 21.00 h No Teatro Municipal X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo.O grupo de Teatro Santiago de Malvas estrea “Tecendo mentiras” – 73 min. Entrada 1,5 €.