Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentación do IV Certame de Gaita e Tamboril e do V Día da Muiñeira

12/06/2018

Mañá mércores, 13 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Certame de Gaita e Tamboril e do V Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana organizados pola Asociación Cultura e Xuvenil San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, Conchi Sales, presidenta, Raquel Hernández, secretaria e Verónica Morais, vogal, da Asociación Cultura e Xuvenil San Telmo.