Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a III Feira do Peregrino

28/06/2018

Mañá venres, 29 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da III Feira do Peregrino organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Participarán na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os concelleiros de Comercio e Cultura, Yovana Velázquez e Eduardo Freiría, respectivamente, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.

A III Feira do Peregrino celebrarase o sábado 7 e o domingo de xullo na praza de San Fernando de Tui.