Pestanas principais

Mañá preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade 2018

7/02/2018

Contará con máis de trinta eventos deportivos, de dezanove modalidades deportivas 

Mañá xoves, 8 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no anfiteatro da Escola Superior de Ciencias Empresarias de Valença, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade, que neste ano 2018, albergará máis de trinta eventos deportivos, de ata dezanove modalidades deportivas.

Nesta rolda de prensa estarán presentes o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde do Concello de Tui, Carlos Vázquez, os concelleiros de deportes de Tui e Valença, Andrés Urseira e José Monte, así como representantes das administración deportivas de Galicia e Portugal, e os responsables dos clubs e empresas organizadoras dos eventos.