Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Roteiro Literario que este sábado se vai celebrar en Tui

11/09/2017

Mañá martes, 12 de setembro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación dos Roteiros Literarios, unha iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da AELG, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, que este sábado se vai celebrar Tui.

Darán a coñecer os pormenores desta actividade o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, xunto ao deputado de Cultura de Lingua, Xosé Leal, e da escritora Marta Dacosta en representación da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.