Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres reúnese en Tui a Xunta Local de Seguridade

8/03/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada do goberno Ana Mª Ortiz, presiden maña venres, 9 de marzo, ás 10.30h a Xunta Local de Seguridade na sala de reunións da casa do concello de Tui.

A orde do día é a seguinte:

1º.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior celebrada o a acta da sesión anterior celebrada o día 4 de maio de 2017.

2º.- Incremento do vandalismo nocturno no Conxunto Histórico de Tui e noutros puntos da cidade.

3º.- Balance da criminalidade (delitos e faltas) no termino municipal, dende a última reunión.

4º.- Colaboración, coordinación e cooperación en materia de seguridade cidadá.

5º.- Rogos e Preguntas.

Estarán tamén presentes, entre outros, o concelleiro de Seguridade de Tui, Antonio Castro Negro, o capitán e o sarxento da Comandancia da Garda civil de Tui, Gerardo Calvo e César Fernández Romeu, respectiva; o inspector xefe do Corpo Nacional de Policía de Tui,  Plácido López Franco, e  inspector xefe da Policía Local de Tui, José Ramírez Pérez.