Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

No vindeiro curso escolar Tui contará cunha sección da Escola Oficial de Idiomas

20/04/2007

O próximo curso escolar Tui contará cunha sección da Escola de Idiomas de Vigo


    O próximo curso escolar 2007/08 Tui contará cunha sección da Escola de Idiomas de Vigo segundo confirmaron dende a Consellería de Educación. Nestes momentos estase a estudar o emprazamento e as características deste centro de ensino de idiomas, que se concretarán nas próximas semanas.

    Dende o Concello de Tui remitiuse hai unhas semanas ao Director Xeral de Formación e Ensinanzas Especiais o acordo plenario adoptado pola corporación amosando o interese do Concello por acoller este centro educativo.

    O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, así o explicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui, ao tempo que sinalaba que no encontro que mantivera co Director Xeral de Formación e Ensinanzas Especiais este lle comunicara que un posible emprazamento poderían ser os institutos da cidade compatibilizando os seus usos educativos, e ao depender estes dun mesmo departamento da Xunta.

    Coa creación en Tui desta sección da Escola de Idiomas de Vigo, a cidade verá incrementada de xeito importante a súa oferta educativa o próximo curso, xa que cabe lembrar que tamén en setembro comezará a funcionar en Tui unha aula a distancia do Centro Asociado á UNED de Pontevedra.

Tomado de www.galiciasuroeste.info