Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Novo prazo de inscrición para as prazas dispoñibles no Campamento de Verán Tui 2018

5/07/2018

O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para o Campamento de Verán Tui 2018, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas ofertadas do 16 ao 31 de xullo e do 1 ao 15 de agosto.

Dende hoxe xoves 5, ata o remate do prazo de abono da taxa do campamento, o xoves 12 de xullo, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orden de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Tras a súa inscrición no rexistro, deberán aboar a taxa do campamento, 30.56€ por quenda e participante, na tesourería do concello.

Ver listaxe de admitidos